Mercury-Atlas 8
Mercury MA-8 | |
---|---|
Lanzamento da cápsula Sigma 7 na misión Mercury-Atlas 8. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 3 de outubro de 1962, 12:15 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas LV-3B[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 14[2] |
Duración da misión | 9 horas, 13 minutos e 11 segundos[2][6] |
Obxectivo da misión | Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada, terceira misión orbital tripulada dos Estados Unidos.[2] |
Decaemento | 3 de outubro de 1962[1] |
NSSDC ID | 1962-052A |
Masa | 1370,0 kg[2][6] |
Mercury-Atlas 8 ou MA-8, e tamén coñecida como Sigma 7 polo nome da cápsula, foi a terceira misión orbital tripulada do proxecto Mercury co astronauta Walter M. Schirra Jr. a bordo.[2][6]
Desenvolvemento da misión
[editar | editar a fonte]Os obxectivos de MA-8 foron similares ós das misións MA-6 e MA-8: avaliar o rendemento do sistema home-nave nunha misión cunha duración de tres órbitas, estudar os efectos do voo espacial no astronauta e obter as impresións do astronauta sobre o funcionamento da nave e dos sistemas de soporte vital.[2][6]
O lanzamento da misión estaba planeado para principios de setembro, pero foi posposta dúas veces para dar máis tempo para as preparacións previas. O da Mercury-Atlas 8 foi o primeiro lanzamento retransmitido en directo á audiencia de Europa occidental, usando para iso o satélite Telstar.[2][6]
Nesta terceira misión a cápsula foi modificada para mitigar os problemas atopados nos primeiros voos: por un lado modificouse o sistema de control a reacción para desactivar os propulsores de alta potencia e poder usar os de menor potencia en modo manual e aforrar propelente; e por outro, montáronse dúas antenas adicionais para alta frecuenciaa (montadas no bloque dos retropropulsores) para axudar a manter as comunicacións ó longo do voo. Schirra describiu a súa misión como "de manual", co único problema de acomodar a temperatura correcta no seu traxe. O plan da misión incluía extensos períodos de tempo nos que a cápsula ía á deriva, sen control de actitude, para aforrar propepelente, co resultado de que ao final da misión a cápsula conservaba o 78% da provisión inicial, permitíntolle a Schirra usar o modo automático para a reentrada.[2][6]
A bordo da cápsula había catro experimentos: un experimento de visibilidade por luz, un experimento de radiación nuclear no que se usaron emulsións fotográficas para detectar raios cósmicos, un experimento de exposición de materiais ablativos á reentrada atmosférica e un experimento de fotografía da superficie terrestre.[2][6]
Sigma 7 orbitou a unha altura duns 281 km e reentrou tras seis órbitas, caendo no océano Pacífico, a 440 km ó nordeste da illa de Midway e a uns 8,2 km do portaavións de recuperación, o USS Kearsarge.[2][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MERCURY ATLAS 8" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 NASA (14 de maio de 2012). "Mercury Atlas 8" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ "Letter dated 7 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General" (PDF) (62-28941). 11 de decembro de 1962: 2. Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Mercury 8 (MA-8 / Mercury-Atlas 8)" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Mercury Flight History" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "Mercury MA-8" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mercury-Atlas 8 |